Mariñas e romarías na ría de Vigo
Year: 1998
Type: article
Abstract: A Real Academia Galega acordou dedica-lo Día das Letras Galegas de 1998 á lembranza dos trobadores medievais, personificándoos en tres nomes que, dunha ou doutra maneira, manteñen relación coa ría de Vigo: Mendiño, Martín Codax e Johán de Cangas.Pero esa relación non é a mesma nos tres casos, pois, mentres que Mendiño menciona a illa de San Simón e Martín Codax o mar e a igrexa de Vigo, Johán de Cangas inclúese no grupo só porque do nome que reproducen os cancioneiros parece poder deducirse que era natural desa vila mariñeira da península do Morrazo que mira á ría de Vigo; sen embargo, o santuario que aparece nas súas cantigas é o de San Momede do Mar (actualmente santo Amedio ou san Nomedio), na aldea de Bon, na ría de Aldán, é dicir, do outro lado da península.E, neste caso, non habería tampouco razón para non o relacionar con outro trobador, Nuno Treez 1 , que menciona unha ermida moi próxima, San Clemenço do Mar, que, segundo Filgueira Valverde, estaba "nunha illa situada na costa sur da ría de Pontevedra, na parroquia de Ardán, entre os concellos de Marín e Bueu", na que aínda se atopan unhas ruínas que poderían ser desa igrexa 2 .Hai aínda outras razóns para establecer dous grupos distintos con estes catro trobadores, posto que a única referencia que Johán de Cangas e Nuno Treez fan ó mar é o determinante do nome do santo ó que está consagrado o santuario.Os catro teñen, de tódalas maneiras, bastantes cousas en común: de 1 Agradecemos ó profesor Xosé Ramón Pena ternos chamado a atención sobre a conveniencia de relacionar este trobador (por razóns xeográficas) con Johán de Cangas.2 Vid.X. F. Filgueira Valverde, "Poesía de santuarios", recollido en Estudios sobre lírica medieval.Traballos dispersos (1925-1987), Vigo, Galaxia, 1992, pp.53-69 (p.67, n. 11).Podemos completa-la cita arriba reproducida coa indicación que lle segue: "A illa sigue conservando o nome medieval de "Santo do Mar" e perdura a lembranza das vellas romarías e do santuario de San Cremenço".
Source: Eduga: revista galega do ensino
Author: Mercedes Brea López
Language: Spanish
Topic: Medieval Iberian Studies
Subfield: Literature and Literary Theory
Field: Arts and Humanities
Domain: Social Sciences
Open Access status: green
OpenAlex ID: W53330564
