Work

El proceso de territorializacióndel sector pesquero europeo

Year: 2006
Type: article
Abstract: A Política Común Pesqueira (PCP) enfróntase a tres grandes retos: o da preservación e conservación dos recursos, o do modelo de xestión dos recursos e os consabidos mecanismos de control e, finalmente, o da competitividade do sector económico da pesca e os seus efectos sociais e territoriais.\n\t\t\t\t A PCP procura os principios da boa gobernabilidade, desexa contribuír a unha pesca responsable e quere estar definida sobre a base dunha compatibilidade cun sistema global de explotación duradeira dos recursos. En suma, a PCP pretende responder con postulados de coherencia entre as súas diferentes accións e garantir a viabilidade do sector pesqueiro no longo prazo.\n\t\t\t\t De acordo con estas consideracións, o acceso aos recursos pesqueiros así como os procesos de adaptación das capacidades de pesca ás potencialidades das reservas están constituíndo a prioridade máxima no referido á regulación da pesca. Porén, a súa aplicación subliña a emerxencia de varias traxectorias: a discriminación de determinadas flotas pesqueiras e a territorialización de determinadas pesqueiras.\n\t\t\t\t Este traballo quere reflexionar sobre o asunto e propor recomendacións para o presente sobre as cuestións que son obxecto de discusión entre os axentes da pesca españois ante as novas reformas da política pesqueira comunitaria e ante a actual configuración mundial do sector pesqueiro
Language: Spanish
Subfield: Aquatic Science
Open Access status: green
OpenAlex ID: W58164902
FWCI:
Cites: 11
Cited by:
Related to: 10