Year: 2009
Type: article
Abstract: Nos últimos anos no ámbito turístico, ao igual que no conxunto da economía, produciuse un cambio de paradigma na xestión das empresas e a medición da satisfacción dos clientes foi desprazada polo concepto de lealdade, ao consideralo un mellor indicador do seu comportamento real. Neste artigo proponse un enfoque integrado para tratar de comprender a lealdade do turismo co destino Santiago de Compostela, á vez que se examinan as relacións teóricas e empíricas acerca dos vínculos entre a satisfacción turística, tanto global como por atributos, e a lealdade co destino. Os resultados do traballo permitirán coñecer os factores sobre os que os responsables, tanto públicos como privados, da xestión do destino deberán incidir para xerar lealdade nos turistas. Un turista leal seguramente repetirá a visita e moi probablemente a recomendará a outras persoas. A celebración do Xacobeo no ano 2010 traerá a Santiago de Compostela –e a Galicia no seu conxunto– un importante volume de turistas, oportunidade que debería ser aproveitada para xerar fluxos turísticos nos próximos anos
Source: Revista Galega de Economía
Language: Spanish
Domain: Social Sciences
Open Access status: green
Funder: Academy of Marketing
OpenAlex ID: W55346530
