Work

MindWell: un chatbot open source como axuda para a detección e o seguemento de trastornos depresivos

Year: 2024
Type: dissertation
Abstract: [Resumo]: As persoas usuarias de redes sociais adoitan percibir estas plataformas como espazos de apoio nos que expoñer, comentar e desafogarse respecto dos seus problemas do día a día, de xeito que a súa actividade nestas canles pode conter evidencia sobre o estado da súa saúde mental. Recentemente, investigacións dos campos da Information Retrieval (IR), Natural Language Processing (NLP) e Machine Learning (ML) explotaron esta información en liña para desenvolver modelos de detección de depresión, cuxo obxectivo é identificar as persoas en situación de risco en plataformas como Twitter, Reddit ou Facebook. Relacionado con isto, outras investigacións recentes sinalaron a importancia de utilizar marcadores clínicos, como o uso de síntomas validados, para mellorar a confianza nos modelos computacionais por parte dos profesionais sanitarios. Neste traballo preséntase un chatbot open source concebido como un asistente que proporcione explicacións aliñadas con marcadores clínicos sobre a presenza de síntomas de depresión validados nas publicacións en redes sociais, tendo en conta tamén a temporalidade dos mesmos. O obxectivo é desenvolver unha ferramenta que inclúa as funcionalidades necesarias para proporcionar os beneficios comentados anteriormente. Deste xeito, dotaríase aos profesionais dunha ferramenta de apoio que os descargue dunha labor tediosa e moi intensiva en tempo como é o feito de revisar a man o histórico de publicacións dun suxeito. Avaliamos a nosa proposta utilizando coñecemento experto para poder medir a calidade e a aplicabilidade das explicacións do chatbot para o ámbito clínico real, e os resultados demostraron a utilidade do sistema para xerar análises baseadas nos síntomas.
Author: Bao Souto, Eliseo
Language: Galician
Field: Psychology
Open Access status: green
OpenAlex ID: W6983511665
Cites: 45
Cited by:
Related to: 10