Work

Normal alcohol consumption: a bibliographical review and a field study

Year: 2023
Type: dissertation
Study design: Observational Study
Abstract: O consumo de alcol, cunha alta prevalencia, ten diversos efectos prexudiciais na saúde, que \nsupoñen unha gran carga de enfermidade a nivel global, cun risco que aumenta con calquera \ncantidade de alcol. Isto fai imprescindible o rexistro preciso do consumo na anamnese, que pode verse dificultado pola normalización social deste. \nCo obxectivo de profundar na definición de consumo normal de alcohol, tanto por parte da \ncomunidade científica como pola poboación, realizouse, por un lado, unha revisión bibliográfica non sistemática e por outro unha enquisa multivariable, que incluiu parámetros \ndemográficos e cuestións relativas tanto ao consumo cualitativo percibido como ao cuantitativo declarado, xunto co AUDIT. \nAchouse que á normalización do consumo de alcol contribuían diversos factores, entre eles \na falta de consenso científico e información clara cara a poboación sobre o que supón un \nconsumo de baixo risco, ao que se engade a falta de coñecemento da poboación xeral sobre os riscos do alcol, que tende a subestimar. A normalización e subestimación detectouse tamén nos resultados do estudo de campo, no que a maioría das persoas que afirmaron consumir o normal superaban os límites de baixo risco, elevándose esa proporción segundo factores como a idade ou o nivel de estudos. Tamén se atoparon diferencias relevantes en canto o sexo, factor que determina en moitos casos importantes diverxencias nos límites de consumo, xustificándose isto con base en diferencias metabólicas entre sexos. Estas diverxencias están a ser revisadas nas últimas guías. \nA normalización e subestimación do consumo de alcol trasládase tamén ás consultas, \ndificultando a súa exploración e facendo imprescindibles ferramentas cuantitativas como as \nUBE ou cuestionarios para detectar consumos prexudiciais como o AUDIT que, aínda así, \ncontan coas súas limitacións
Source: Hispana
Language: Galician
Field: Medicine
Open Access status: green
OpenAlex ID: W7004709392
Cites:
Cited by:
Related to: 9