Adherencia ó tratamento en doentes tras un infarto agudo de miocardio: relación ca súa calidade de vida
Year: 2020
Type: dissertation
Abstract: [Resumo] Antecedentes e estado actual do tema: O Infarto Agudo de Miocardio (IAM) e un problema de saúde cunha gran prevalencia e repercusión económica nas sociedades desenroladas. O cambio de vida que experimentan os/as pacientes tras o diagnóstico de IAM, inclúe modificacións no estilo de vida e cambios no tratamento farmacolóxico, ambos inflúen no estado anímico dos/as pacientes e a súa calidade de vida. A evidente baixa adherencia ó tratamento e o rol pasivo dos/as pacientes, son factores que inflúen negativamente na calidade de vida destes. Por todo isto, tentamos describir os factores que se poden modificar mediante estratexias levadas a cabo polo persoal de Enfermaría. Obxectivo xeral: Identificar a asociación entre o nivel de adherencia ó tratamento e a calidade de vida relacionada coa saúde, en pacientes diagnosticados de IAM con elevación do segmento ST na Área sanitaria de Ferrol. Metodoloxía: Trátase dun estudo cuantitativo cun deseño descritivo, prospectivo e lonxitudinal. A captación da mostra realizarase mediante unha mostraxe aleatoria simple durante o ingreso hospitalario. Realizarase un análise de cada variable: adherencia ó tratamento, calidade de vida, activación do/a paciente, comorbilidades e datos sociodemográficos. Aportacións do estudo: Describir os factores biopsicosociais que inflúen negativamente na adherencia ó tratamento e as súas repercusións na calidade de vida relacionada coa saúde, ademais, de identificar o nivel de activación dos/as pacientes.
Source: RUC (Universidade Da Coruña)
Author: Rey Rodríguez, María Raquel
Institution: Universidade da Coruña
Language: Galician
Subfield: Family Practice
Field: Medicine
Domain: Health Sciences
Open Access status: green
OpenAlex ID: W7007748979
