Work

Análisis de la identidad profesional en terapia ocupacional

Year: 2024
Type: dissertation
Abstract: [Resumo] Contexto: a identidade profesional representa un elemento importante en terapia ocupacional porque permite construír as premisas nas que se sustenta desde unha perspectiva epistemolóxica e definir o rol en relación ás demais persoas profesionais. Desenvólvese a través das interaccións, as dinámicas interpersoais e a experiencia profesional, evolucionando de acordo cos valores éticos e os significados atribuídos. Obxectivo: analizar o proceso de configuración da identidade profesional en terapia ocupacional. Metodoloxía: esta tese doutoral confórmase polo compendio de publicacións científicas indexadas con diversas metodoloxías: (a) Scoping Review, (b) Q-Method e (c) Study Protocol. Resultados: estas tres investigacións publicadas en revistas de alto impacto mostran como as prácticas pedagóxicas forxan a identidade profesional e o desenvolvemento da intelixencia profesional. A formación universitaria en si mesma non é suficiente para construír unha comprensión da identidade profesional, senón que precisa do amparo da educación formal, dos valores éticos e do apoio institucional como elementos esenciais. Conclusión: resulta indispensable deseñar programas educativos que teñan en conta unha práctica dependente dun paradigma de ocupación e que empreguen modelos de capacitación práctica para fomentar unha identidade profesional dinámica, integrando coñecementos técnicos e un contexto moral práctico nas persoas terapeutas ocupacionais.
Author: Souto-Gómez, Ana-Isabel
Language: Galician
Open Access status: green
OpenAlex ID: W7007918112
Cites: 520
Cited by:
Related to: 10