Work

Eficacia de un programa de ejercicio terapéutico en la prevención del síndrome femoropatelar en mujeres triatletas

Year: 2023
Type: dissertation
Study design: Study Protocol
Abstract: [Resumo] Introdución: Durante os últimos anos o tríatlon gozou dun aumento considerable na súa práctica. Como en todos os deportes, sempre existe o risco de sufrir lesións. Unha das máis frecuentes entre as mulleres é a síndrome femoropatelar (SFP), que conta cunha prevalencia do 22,7% en atletas femininas amateus A literatura que se atopou en relación á prevención desta síndrome é moi escasa. Polo que, tratando de suplir a necesidade de evidencia científica en relación a este tema, proponse un proxecto de investigación que aborde este campo. Obxetivo xeral: Determinar a eficacia dun programa de exercicio terapéutico na reducción dos factores de risco da SFP en mulleres triatletas, tratando desta maneira, de reducir a súa incidencia. Material e método: Levarase a cabo un ensaio clínico aleatorizado e controlado, prospectivo e cego simple. Este será realizado na Facultade de Fisioterapia da Coruña e nas instalacións deportivas dos clubes que colaboren co proxecto. As participantes serán divididas en grupo control (GC) e grupo intervención (GI), que realizará un programa de prevención, supervidado en todo momento. Este constará de exercicios de flexibilización do tobillo, fortalecemento do membro inferior e da musculatura abdominal, que, a súa vez, melloran o control motor. Realizarase durante un total de 3 meses, cunha frecuencia de 3 días a semana. Cada sesión terá unha duración aproximada de 45 minutos. O GC, mentras tanto, continuará realizando os seus adestramentos habituais. Previa e posteriormente ao programa de prevención, levaranse a cabo as valoracións en todas as participantes, onde se recollerán datos relacionados cos factores de risco da SFP.
Author: Fernández Díaz, Uxía
Language: Galician
Open Access status: green
OpenAlex ID: W7018710333
Cites: 30
Cited by:
Related to: 9