Work

Un novo desafío: o contido e a accesibilidade ao contido nas web turísticas españolas

Year: 2009
Type: article
Abstract: Internet converteuse nunha ferramenta básica hoxe en día, tanto a nivel laboral e relacional \ncomo de xestión. Se todo iso é centralizado na actividade turística, as posibilidades \nmultiplícanse, actuando non só como unha ferramenta de información, senón tamén como \nxestor e como canle de contratación de produtos turísticos de diversa índole, ampliándose o \nsegmento de mercado de referencia ao poder ofertar produtos máis concretos e específicos segundo \nas necesidades. Unha parte representativa destes novos beneficiarios son as persoas \ncon discapacidade, con mobilidade-comunicación restrinxidas temporalmente e as persoas \nmaiores que posúen as súas capacidades diminuídas e que, polo tanto, necesitan unha serie de \nadaptacións, de especificacións ou de modificacións en relación cos produtos turísticos que \nvaian consumir. \nDe acordo con isto, formúlase o estudo das diferentes páxinas web oficiais de turismo das distintas \ncomunidades autónomas de España, por ser o ente con maior representatividade dun \nconxunto de diversos destinos e produtos turísticos, mediante a análise do acceso aos contidos \nasí como dos contidos sobre accesibilidade desas páxinas, tomando como referencia o plan de \nacción que se está executando a este respecto mediante a aplicación do Plan Nacional de Accesibilidade \n2004-2012
Language: Galician
Open Access status: green
OpenAlex ID: W7025273143
FWCI:
Cites: 9
Cited by:
Related to: 9