Work

Aprendizaje y servicio en la Asociación Coruñesa de Fibromilagia (Acofifa) a través de una intervención de fisioterapia

Year: 2023
Type: dissertation
Study design: Clinical Trial
Abstract: [Resumo] Descrición da experiencia. O seguinte traballo constitúe un proxecto de Aprendizaxe e Servizo (ApS), que combina o servizo á comunidade co aprendizaxe, cunha finalidade pedagóxica, solidaria e reflexiva. Trátase dunha intervención baseada no exercicio terapéutico e na neuroeducación da dor crónica, levada a cabo coa Asociación Coruñesa de Fibromialxia (ACOFIFA), no marco da asignatura Traballo de Fin de Grao (TFG). Obxectivo xeral. O obxectivo xeral para a alumna é adquirir as competencias da materia TFG, mentres que o das participantes é completar un programa de exercicio terapéutico acompañado dunhas píldoras formativas, enfocado á mellora da dor, da funcionalidade e da calidade de vida. Desenvolvemento da experiencia. Esta experiencia subdivídese en diferentes accións: (i) revisión bibliográfica sobre a prevalencia da fibromialxia (FM), as medidas de análise de resultado empregadas no seu estudo e a eficacia do exercicio terapéutico no seu manexo; (ii) deseño e realización da valoración inicial e final dos participantes; (iii) deseño e aplicación dun programa de exercicio terapéutico grupal en combinación coas distintas píldoras formativas. Resultados da experiencia. Tras o desenvolvemento do proxecto obtéñense como principais resultados: (i) unha diminución da intensidade da dor, así como do número de rexións anatómicas simultáneas nos que se refiren síntomas; (ii) mellorías importantes nas puntuacións acadadas no Fibromyalgia Impact Questionnaire - Revised, de xeito que o nivel de impacto da FM na calidade de vida pasa de ser severo a moderado; (iii) un incremento no nivel de actividade física e horas de descanso nocturno das participantes, así como un elevado nivel de satisfacción de cara ao programa aplicado e percepción positiva de cambios. Non se atoparon cambios significativos sobre o estado ansioso-depresivo ou a capacidade física. Conclusións. Con este proxecto de ApS foron acadados os principais obxectivos propostos, tratándose dunha experiencia enriquecedora a nivel académico, personal e profesional.
Author: Sambad Rodríguez, Sara
Language: Galician
Field: Medicine
Open Access status: green
OpenAlex ID: W7026575044
Cites: 49
Cited by:
Related to: 10