Work

Medindo a dependencia e o seu impacto nas persoas coidadoras

Year: 2021
Type: dissertation
Abstract: Esta tese preséntase en capítulos que teñen como nexo de unión o estudo das coidadoras informais principais de persoas adultas dependentes. No primeiro capítulo abordarase a situación de sobrecarga das coidadoras informais analizando aqueles determinantes que inflúen na presenza da sobrecarga. Tamén se realizará unha revisión da situación de sobrecarga de coidados das coidadoras informais e unha análise da saúde das coidadas en relación á poboación xeral. Nun segundo capítulo estudarase un índice de dependencia nas AVD en base ao número de horas de coidado. Para elo descríbiranse as actividades nas que se prestan coidado, as horas empregadas en cada unha das actividades para as que precisan axuda e a intensidade da axuda segundo as patoloxías das persoas dependentes. No terceiro capítulo compararase o índice de dependencia DEP-6D con outros índices existentes. Para elo, realizarase unha revisión dos índices de calidade de vida relacionados coa dependencia. Compararase un índice baseado nas horas de coidado co DEP-6D baseado no benestar. A continuación analizase se o Baremo de Valoración da Dependencia reflexa axeitadamente a carga de coidados. No cuarto capítulo, realizarase un estudo cualitativo prestando atención as melloras e carencias percibidas polas coidadoras sobre a súa situación actual no contexto español.\nPara levar a cabo esta investigación realizaranse entrevistas a unha mostra de poboación da área sur da Provincia de Pontevedra, aproximadamente, N=130 coidadoras informais. Nas entrevistas recolleranse datos sociodemográficos e de saúde. Tamén se utilizará o cuestionario de sobrecarga Zarit abreviado (7 ítems), o cuestionario EuroQod-5D, o DEP-6D, o baremo BVD e un diario de actividades cos minutos dedicados pola coidadora a cada AVD. Así mesmo, realízase unha pregunta aberta. Para realizar a análise cualitativa abordaranse varias categorías de análise a partir das que se construirá a historia e relato de vida. Para realizar a análise cuantitativa utilizarase o programa STATA para realizar regresións, logit e tratar os datos estatisticamente.\n\tAs coidadoras informais atópanse nunha situación de sobrecarga de coidados. Determinantes como o número de horas dedicadas ao coidado ou a actitude agresiva do dependente cara a persoa que lle presta os coidados fai que aumente a posibilidade de padecer sobrecarga por parte da persoa coidadora. Ademais, o número de horas diarias dedicadas ás actividades das persoas dependentes é elevado. Sen embargo, non todas as AVD precisan o mesmo esforzo por parte da persoa coidadora. Algunhas AVD non só van precisar unha dedicación elevada en tempo, senon que, ademais, poden precisar a axuda dunha terceira persoa que apoie para poder realizar dita actividade. Con respecto aos índices de dependencia esperamos obter resultados nos que se demostre que non todas as actividades teñen o mesmo peso nin implican o mesmo esforzo. En función diso, valoraremos cada actividade tendo en conta o esforzo da axuda e non unicamente en función da categorización como AVD. Tamén esperamos obter resultados das demandas realizadas polas cuidadoras no tocante a tempos de respiro e apoio para atender aos dependentes así como un funcionamento dos recursos segundo as necesidades presentadas no momento actual.\n\tTer en conta as características das persoas dependentes e das súas coidadoras, así como as súas necesidades vai levarnos a analizar a situación en conxunto. Os baremos actualmente utilizados para valorar as situacións de dependencia valoran as limitacións da persoa dependente pero esquecen outros factores que inflúen no seu benestar. No tocante ás necesidades das coidadoras un mellor funcionamento dos recursos sociais e de respiro podería aliviar a sobrecarga.
Language: Galician
Field: Nursing
Open Access status: green
OpenAlex ID: W7039742662
Cites: 357
Cited by:
Related to: 9