Determinantes de la implementación de telerrehabilitación en una institución del suroccidente de Colombia
Year: 2024
Type: dissertation
Abstract: [Resumo]: Introdución: A telerrehabilitación (TR), como modalidade de prestación de servizos favorece o acceso á rehabilitación; analizar a súa implementación permite evidenciar facilitadores e barreiras, para optimizar o seu desenvolvemento. Obxectivo: Analizar determinantes da implementación da TR delimitados en cinco dominios: innovación, contorna interna, contorna externa, persoas e proceso de implementación nunha institución do suroccidente colombiano. Método: Estudo mixto converxente (2020-2024), usando o marco CFIR ─ Consolidated Framework for Implementation Research─, para análise da información: entrevistas, revisión documental, base de datos de pacientes e avaliación das percep-cións dos profesionais.Resultados: Datos cualitativos obtidos da revisión de 32 documentos e entrevistas a 18 profesionais, 3 pacientes e 3 coidadores; e cuantitativos de 83 profesionais (80,7% mulleres e 38 anos media), e rexistro de 1611 pacientes atendidos por TR (61,3% mulleres e 37,3 anos media). Describíronse os 5 dominios e as súas relacións, achando resultados de aceptabilidade, adaptabilidade e sustentabilidade na implementación. Conclusións: O uso de CFIR posibilitou interpretar esta experiencia de implementación da TR na linguaxe propia da investigación da implementación recoñecendo utilidade nos procesos de transformación da práctica e apropiación tecnolóxica como contribución ao acceso a servizos de rehabilitación.
Source: RUC (Universidade Da Coruña)
Author: Hernández Orobio, Olga Marina
Institution: Universidade da Coruña
Language: Galician
Field: Medicine
Domain: Health Sciences
Keywords: telerehabilitation, implementation factors, CFIR framework, barriers and facilitators, acceptability, adaptability, sustainability, access to rehabilitation services, health professionals' perceptions, patient and caregiver perspectives, technology appropriation, practice transformation, southwestern Colombia
Open Access status: green
OpenAlex ID: W7055612388
