Year: 2023
Type: dissertation
Study design: Observational Study
Abstract: [Resumo] Esta tese de doutoramento trata de identificar variantes xenéticas capaces de alterar o risco de desenvolver o fenotipo de artrose de xeonllo con progresión rápida. Para iso utilizáronse técnicas de secuenciación para atopar polimorfismos presentes no ADN nuclear e mitocondrial que poidan favorecer o desenvolvemento do fenotipo de interese. Detectouse unha variante mitocondrial, presente na posición m.16519C, que estivo significativamente asociada coa rápida progresión. Despois de realizar un pequeno estudo funcional, detectáronse niveis máis altos de interleucina 6 e cicloxixenasa 2 nos cíbridos portadores da variante, indicando que, o aumento da resposta inflamatoria podería ser un mecanismo desencadeante para unha progresión rápida. Por outra banda, detectouse por primeira vez unha interacción entre o ADN nuclear e o mitocondrial no campo da artrose. A presenza do haplogrupo mitocondrial UK e do polimorfismo nuclear rs12107036 tamén aumenta o risco de progresión rápida na artrose do xeonllo. Por último, xerouse un modelo preditivo de gran relevancia clínica e farmacolóxica, baseado en variables xenéticas e clínicas capaces de predecir o risco dun individuo de desenvolver o fenotipo de artrose de xeonllo con progresión rápida.
Source: RUC (Universidade Da Coruña)
Author: Durán-Sotuela, Alejandro
Language: Galician
Subfield: Rheumatology
Field: Medicine
Domain: Health Sciences
Open Access status: green
OpenAlex ID: W7064483395
