Year: 2023
Type: dissertation
Abstract: [Resumo] As vesículas son estruturas esféricas cun tamaño de entre 10-300nm, delimitadas por unha dobre capa de lípidos, proteínas e outros compoñentes procedentes principalmente da membrana de orixe. As vesículas están presentes nos tres Dominios da vida. As vesículas bacterianas orixínanse das membranas das bacterias produtoras e por iso comparten compoñentes da parede e incluso doutras rexións da bacteria que as orixinou. Existen varios modelos propostos para a formación de vesículas en bacterias Gram negativas. O modelo do sistema de transporte de fosfolípidos VacJ/Yrb ABC presenta características que fan considerar que nun futuro se estableza como modelo estándar en bacterias Gram negativas. O coñecemento sobre a bioxénese das vesículas das bacterias Gram positivas é menor, pero estudos de microscopía de reconstrución óptica reconstrución óptica estocástica (Stochastic Optical Reconstruction Microscopy, STORM) axudou a esclarecer un pouco máis este proceso e propuxéronse tres modelos a partir da información obtida. As vesículas realizan funcións básicas como a adquisición de nutrientes ou o transporte de substancias, pero tamén realizan outras máis específicas como a colonización dos organismos hóspedes no caso das bacterias patóxenas.
Source: RUC (Universidade Da Coruña)
Author: Camafreita Rey, Cristal
Institution: Universidade da Coruña
Language: Galician
Subfield: Genetics
Domain: Life Sciences
Open Access status: green
OpenAlex ID: W7094085830
