Application of NGS to molecular diagnosis of maturity-onset diabetes of the young (MODY)
Year: 2016
Type: dissertation
Abstract: [Resumo] A diabetes MODY é una enfermidade monoxénica pouco frecuente dentro de todos os casos de diabetes, que se caracteriza por una progresiva disfunción nas células β- pancreáticas, por ser independente de insulina e comezar a desenvolverse en idades moi tempranas. Un diagnóstico molecular pode chegar a supoñer un cambio de tratamento nun paciente, un diagnóstico precoz ou un seguimento efectivo da progresión da enfermidade. Existen unha serie de xenes implicados na diabetes MODY e diversas institucións están identificando variantes relacionadas con esta patoloxía a través da secuenciación dun panel de xenes mediante NGS (Next Generation Sequencing). A NGS está afianzándose na xenética clínica pois permite a realización de diagnóstico molecular a varios pacientes simultaneamente e en moi pouco tempo. Para este traballo foron seleccionados once pacientes baixo os criterios do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña para a realización dun diagnóstico molecular para diabetes MODY. Este consistiu na secuenciación dun panel de xenes relacionados coa mesma (ABCC8, GCK, HNF1A, HNF1B, HNF4A, KCJ11, INS) mediante tecnoloxía NGS. Deste xeito foi realizada unha posta a punto da técnica para a elaboración dun Protocolo Normalizado de Traballo (PNT) que se utilizará rutinariamente no laboratorio e unha análise preliminar das variantes obtidas. Atopáronse variantes de interese clínico en cinco dos once pacientes (unha patolóxica, dúas probablemente patolóxicas e catro de significado incerto), as cales serán estudadas posteriormente e confirmadas mediante secuenciación Sanger. A posterior integración desta información será clave para complementar o diagnóstico clínico de cada paciente.
Source: RUC (Universidade Da Coruña)
Author: Rodríguez-Fernández, Silvia
Institution: Centro Universitário União Dinâmica das Cataratas
Language: Galician
Topic: Genomics and Rare Diseases
Subfield: Genetics
Domain: Life Sciences
Open Access status: green
OpenAlex ID: W7094679858
