Work

Vixiar, defender e controlar. O caso da fortaleza do Galiñeiro (Vincios, Gondomar) no contexto altomedieval galego.

Year: 2026
Type: article
Abstract: A paisaxe fortificada da Alta Idade Media galega é un campo de estudo en constante actualización, que permite explorar con maior profundidade as dinámicas políticas, sociais e militares do período. As fortalezas, como expresión material de defensa e control territorial, reflicten claramente as estratexias de xestión do territorio. As últimas intervencións arqueolóxicas están permitindo asociar morfoloxías a marcos temporais concretos, enriquecendo as interpretacións previas e abrindo novas liñas de investigación. Un exemplo desta diversidade é a fortaleza do Galiñeiro. A súa posible función podería estar vinculada á vixilancia marítima, ao control de zonas de paso ou á supervisión económica local. Non obstante, a escaseza de datacións limita unha comprensión completa do seu papel. Este estudo busca reflexionar sobre as dificultades de contextualizar este tipo de asentamentos e tratar de esclarecer as interaccións entre estes e o seu contexto.
Language: Galician
Subfield: Archeology
Open Access status: diamond
OpenAlex ID: W7170792271
FWCI:
Cites: 17
Cited by:
Related to: 10