Rock art in the lands of Baixo Miño: a new quantitative approach using new digital tools
Year: 2020
Type: dissertation
Abstract: Baixo o título A Arte Rupestre da Comarca do Baixo Miño: Unha achega cuantitativa dende a perspectiva das novas ferramentas dixitais, preséntase o catálogo máis completo e exhaustivo dos petróglifos do suroeste galego. Grazas á aplicación sistemática de novas ferramentas tecnolóxicas baseadas na informática, a fotogrametría e os Sistemas de Información Xeográfica, foi posible elaborar e tratar o corpus documental da arte rupestre da Comarca do Baixo Miño (Sur da provincia de Pontevedra), obxecto do presente traballo. Con este catálogo, perfilouse a relevancia cuantitativa deste fenómeno, avaliando a súa importancia artística e examinando o seu estado de conservación. Así mesmo, definíronse os principais focos de distribución dos petróglifos e, asemade, contrastáronse os factores que puideron influír na súa localización.
Source: Hispana
Author: Vázquez Martínez, Alia
Language: Galician
Subfield: Archeology
Field: Social Sciences
Domain: Social Sciences
Open Access status: green
OpenAlex ID: W7205760118
