Work

Influence of breastfeeding on children's oral health: a systematic review

Year: 2025
Type: review
Study design: Systematic Review
Abstract: Introdución: a lactación materna é recoñecida como a mellor forma de alimentación ao neno na primeira etapa da vida. Por iso, a OMS recomenda que esta sexa exclusiva ata os 6 meses e complementada ata os dous anos. Non obstante, algúns autores revelan que a lactación materna podería incrementar o risco de caries. Ademais, coñécese que pode estar relacionada coas maloclusións. Obxectivo: determinar a relación entre a lactación materna e a saúde oral na poboación infantil. Analizar a relación entre a duración da lactación materna no risco e prevalencia de caries. Analizar a relación entre a duración e a exclusividade da lactación materna no desenvolvemento de maloclusións. Describir a asociación entre a alimentación con biberón e a saúde oral. Coñecer a relación entre hábitos de succión non nutritivos e a lactación materna. Metodoloxía: realizouse unha busca nas bases de datos Pubmed, Scielo, Dialnet e Scopus, incluíndo artigos publicados entre 2014 e 2024. Para a realización desta revisión sistemática seguíronse as directrices PRISMA. Resultados: dos 472 artigos atopados, finalmente seleccionáronse 23 que cumpriron os criterios de inclusión: 14 estudos transversais e 9 de cohortes. A saúde bucodental está influenciada pola presenza e a duración da lactación materna. Os estudos atoparon unha relación entre a lactación materna prolongada e un maior risco de caries, mentres que as duracións intermedias parecen diminuír este risco. Atopouse un efecto protector da lactación materna contra as maloclusións e os hábitos parafuncionais. Conclusións: a lactación materna ten numerosos beneficios tanto para a saúde xeral como bucodental. Débese fomentar o cumprimento das directrices marcadas pola OMS, así como o control doutros factores que poidan influír na presenza de caries e maloclusións.
Source: Hispana
Language: Spanish
Subfield: Epidemiology
Field: Medicine
Open Access status: green
OpenAlex ID: W7206243389
FWCI:
Cites: 62
Cited by:
Related to: 9