Work

Langerhans cell histiocytosis; clinicopathologic retrospective study and advances in its diagnosis and treatment management

Year: 2025
Type: dissertation
Study design: Observational Study
Abstract: Antecedentes: A histiocitose de células de Langerhans (HCL) é unha neoplasia pouco frecuente de células mieloides dendríticas CD207+ e CD1a+, causada por mutacións activadoras na vía MAPK, principalmente BRAFV600E. Pode presentarse a calquera idade e afectar a múltiples órganos. Estase investigando a aplicación das terapias dirixidas á vía MAPK e o papel prognóstico da mutación BRAFV600E. Material e métodos: Realizouse unha revisión bibliográfica narrativa sobre a HCL e estudáronse os casos diagnosticados entre 2014 e 2024 no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS). Os datos obtidos foron contrastados co descrito na literatura. Resultados: A serie consta de 15 casos de entre 17 días e 79 anos, e unha relación varón-muller de 2:1. As localizacións máis frecuentes foron o esqueleto, a pel e os ganglios linfáticos. 4 pacientes presentaron enfermidade multisistémica, 2 con afectación de órgano de risco. O estudo anatomopatolóxico revelou histiocitos grandes con núcleos fendidos e positividade para CD207 e CD1a. A análise molecular realizouse en 5 pacientes, identificando a mutación BRAFV600E en 3 deles. Os tratamentos incluíron quimioterapia sistémica, terapias locais e observación. Faleceron 3 pacientes a causa doutras neoplasias. Conclusións: A HCL é unha enfermidade pouco frecuente, cunha presentación clínica moi variable. Os marcadores inmunohistoquímicos esenciais para o seu diagnóstico son CD207 e CD1a. Recoméndase buscar a presenza da mutación BRAFV600E e, en caso de non detectarse, estudar outras alteracións da vía MAPK. O tratamento débese axustar á localización e ao risco da enfermidade. A supervivencia é moi boa, pero non son infrecuentes as recaídas e as secuelas permanentes. Os recentes estudos con inhibidores de BRAF e MEK amosan resultados prometedores.
Source: Hispana
Language: Galician
Subfield: Hematology
Field: Medicine
Open Access status: green
OpenAlex ID: W7207332122
Cites: 82
Cited by:
Related to: 10