Work

A innovación como factor clave na competitividade empresarial: un estudo empírico en pemes galegas

Year: 2007
Type: article
Abstract: A crecente globalización da economía fai necesario un esforzo constante en materia de innovación. A innovación empresarial é un elemento clave no desenvolvemento rexional e constitúe un dos factores máis importantes no aumento da produtividade e da competitividade na empresa. O obxectivo do noso traballo é analizar a situación das pemes de Galicia en materia de innovación e mostrar as características e as variables que determinan o éxito empresarial, con especial referencia á innovación. Para iso, partindo dos datos obtidos dunha enquisa realizada ás pemes de Galicia e mediante a análise clúster, definimos tres conglomerados de empresas e caracterizámolos en función de variables representativas tanto da súa situación económico-financeira como do seu nivel en innovación. Estes grupos permítennos identificar as diferentes estratexias innovadoras existentes na realidade empresarial galega
Language: Spanish
Open Access status: green
OpenAlex ID: W76249143
FWCI:
Cites: 19
Cited by: 17
Related to: 8