Work

Memoria, oralidade e escritura: sobre literatura oral e literatura escrita

Year: 2010
Type: article
Abstract: As manifestacións literarias populares son máis numerosas que as cultas. Na primeira parte deste traballo, “Literatura culta e literatura popular”, o autor explica as razóns polas que estudamos e coñecemos máis e mellor a literatura escrita –a culta– que a oral –a popular–. Na segunda parte, “Da oralidade á escritura”, abórdase a influencia da imprenta na literatura de transmisión oral, o que favoreceu o paso dunha cultura que tiña as súas raíces na oralidade a outra que se sustentaba na palabra escrita, e proponse, dende consideracións filolóxicas e críticas, o sentido que poida ter o tratamento como textos escritos de materiais de transmisión oral. Na última parte, “Literatura e memoria”, refírese aos perigos de gardar na memoria dunha colectividade versións deformadas de obras literarias, cuxa fixación escrita non se realizou con rigor, e reflexiona sobre a perda de obras literarias de transmisión oral que foron unha parte importante do imaxinario de moitas sociedades, constituído o patrimonio inmaterial –folclórico e etnolóxico– que caracteriza unha parte da cultura desas sociedades.
Language: Portuguese
Open Access status: green
OpenAlex ID: W786500
FWCI:
Cites: 7
Cited by: 2
Related to: 10