Novidades sobre o culto a Sta. Baia-Eulalia e a Arqueoloxía paleocristiá do NO. peninsular
Year: 2007
Type: article
Abstract: [GA] O noso traballo pretende incidir na importancia acadada polo culto á mártir emeritense Sta. Eulalia/Baia no proceso cristianizador do Noroeste peninsular dende finais do s. IV que se manifesta en depósitos como Sta. Baia de Bóveda ou Sta. Baia de Tins. Neste sentido, supón unha ampliación do xa publicado con anterioridade, achegando novos datos sobre a cuestión. Prestamos aquí especial atención ó desaparecido depósito de Sta. Eulalia de Portorroibo (As Pontes, A Coruña), unha capela na cal se localizan unha inscrición romana reempregada como altar (loculus cuadrangular con rebaixe escalonado na súa base) e dous enterramentos tardorromanos/altomedievais.
Authors: Xosé‐Lois Armada, Maria Martín Seijo
Language: Galician
Subfield: Archeology (arts and humanities)
Field: Arts and Humanities
Domain: Social Sciences
Open Access status: green
OpenAlex ID: W977758405
