Work

Polo que fixeron e polo que eran: a represión directa e a represión transitiva contra as mulleres na Guerra Civil

Year: 2012
Type: book-chapter
Abstract: A primeira vez que se falou no ámbito internacional e institucional da represión cara a muller como forma específica da violencia franquista, xa dende o inicio da sublevación, foi en outubro 1946.Neste ano, o Comité do Día Internacional da Muller mandou unha misión, formada por tres laboristas inglesas, a visitar os cárceres españois de mulleres.Esta misión organizouse en resposta ás cartas enviadas pola Unión de Mulleres Españolas expresando a súa preocupación respecto á sorte das presas políticas 1 .Non obstante, a historiografía no lle prestou demasiada atención á represión exercida sobre a muller, só nos últimos anos comezan a aparecer estudos centrados exclusivamente nesta forma concreta de represión, fundamentalmente dentro do denominado "universo penitenciario" 2 .Aínda así, é frecuente que as investigacións, a pesar de escoller á muller como obxecto de estudo, non adopten unha metodoloxía específica, simplemente manteñen a utilizada para o home ou realízanse obviando calquera metodoloxía, como se a maior dificultade para o estudo da represión dende a perspectiva de xénero (determinada por razóns que expoñerei), xustificara unha abordaxe non sistemática.A violencia represiva exercida sobre a muller tivo unhas características específicas, definir, ou máis ben delimitar esas características, e suxerir unha aproximación metodolóxica para o estudo da represión desde unha perspectiva de xénero, son os obxectivos deste traballo.1 Revista Mujeres Antifascistas Españolas, núm. 1, 1 novembro de 1946, p. 8 e nº 4, 15 xaneiro de 1947, p.8. 2 Mención especial merece Tomasa Cuevas, militante comunista represaliada, que a mediados da década dos setenta, dedicou preto dunha década a recorrer a xeografía española recollendo cunha gravadora as testemuñas das mulleres que padeceron os cárceres de Franco, sen contar para elo con axuda oficial algunha.O resultado foron tres
Source: Hispana
Language: Galician
Subfield: History
Open Access status: green
OpenAlex ID: W2296501331
FWCI:
Cites:
Cited by:
Related to: 10