O valor económico das linguas: percepcións da clase alta directiva de Galicia
Year: 2017
Type: article
Abstract: Neste traballo investígase o valor económico que reciben as linguas por parte de directivos empresariais galegos de clase alta. Esta investigación toma como obxecto de estudo a clase alta galega para pescudar as súas percepcións verbo das linguas empregadas no mundo dos negocios para se relacionar nacional e internacionalmente coa clientela e outras empresas. Vinte directivos e directivas de Galicia conforman unha mostra de informantes que aportou datos tratados mediante unha metodoloxía cualitativa. Un cuestionario permite coñecer os perfís da mostra de informantes e determinar se concordan cos requisitos establecidos para lles considerar clase alta, unha entrevista semidirixida é a ferramenta principal de extracción dos datos e, finalmente, todas as persoas entrevistadas asinaron un código ético que garante a confidencialidade dos datos aportados.
Source: Revista Galega de Filoloxía
Author: Daniel Pinto Pajares
Institution: Universidade de Vigo
Language: Galician
Subfield: Linguistics and Language
Field: Social Sciences
Domain: Social Sciences
Open Access status: diamond
OpenAlex ID: W2772012506
