Year: 2010
Type: article
Abstract: Xosé Manuel Dasilva dá a coñecer neste traballo a intención de Camilo José Cela de se encargar da autotradución da súa novela La familia de Pascual Duarte no ano 1952, o cal demostra recorrendo a varios testemuños epistolares nos que se recolle a proposta formulada á Editorial dos Bibliófilos Gallegos a través de Carlos Martínez-Barbeito. Ademais de salientar as posíbeis motivacións que levaron a Cela a concibir esta idea, analiza os motivos polos que o seu proxecto non acabou callando e apunta que a novela foi traducida por Vicente Risco en 1962 e que se publicou acompañada dun prólogo de Otero Pedrayo.
Author: Xosé Manuel Dasilva
Language: Spanish
Subfield: Language and Linguistics
Field: Arts and Humanities
Domain: Social Sciences
Open Access status: green
OpenAlex ID: W38530557
