Análise das conversacións entre estudantes xordos sobre fenómenos relacionados cá transformación da materia
Year: 2004
Type: article
Abstract: A integración escolar dos alumnos xordos nas aulas de Secundaria, precisa do deseño de situacións e experiencias curriculares adaptadas a estes estudantes. Un primeiro paso nesta tarefa é coñecer en que medida os coñecementos que surxen da área da didáctica das ciencias son aplicables a este colectivo. Nesta comunicación preséntase unha investigación que estamos realizando co propósito de coñecer si os modelos que utilizan os estudantes xordos, á hora de interpretar fenómenos relacionados ca transformación da materia, son diferentes, dadas as súas diferenzas de acceso á información e ás modalidades da linguaxe que utilizan, aos descritos na literatura para os estudantes oíntes. Numerosas investigacións indican cas ciencias presenta unha vantaxe fronte a outras materias para estes estudantes: alto grado de motivación visual, manipulabilidade, e contribución ao desenrolo intelectual e lingüístico, xa que permiten utilizar a linguaxe en situacións significativas e reais.
Language: Galician
Subfield: Education
Field: Social Sciences
Domain: Social Sciences
SDG: Quality education
Open Access status: green
OpenAlex ID: W2199259754
