Work

Avances da bioloxía molecular e celular na aplicación biomédica: edición xenómica, terapia xénica e inmunoterapia

Year: 2020
Type: dissertation
Abstract: Nos últimos anos describíronse distintas ferramentas de edición xenómica, e novas están a \nemerxer baseadas no sistema CRISPR-Cas9. Este, que emprega á proteína Cas9 cun sgRNA \ncomo guía, destaca pola súa eficiencia, accesibilidade e versatilidade, sendo aplicado en campos \ndiversos. Con todo, presenta algúns inconvenientes, como os efectos off-target, que teñen que \nser tidos en conta na súa aplicación. Na clínica, as ferramentas de edición xenómica empréngase \nexperimentalmente para tratar enfermidades xenéticas in vivo e ex vivo, modificando células do \npaciente como proxenitores hematopoéticos. Nesta revisión estudaremos o funcionamento \ndestas ferramentas, as técnicas de transporte e, a través dunha visión de conxunto da terapia \nxénica e a inmunoterapia contra o cancro, a súa aplicación ao tratamento de enfermidades \nxenéticas e o seu papel no desenvolvemento de novas células CAR T.
Source: Hispana
Author: Loureiro Veira, Martiño
Language: Galician
Open Access status: green
OpenAlex ID: W7036002604
Cites: 90
Cited by:
Related to: 10