Work

Avaliación da calidade percibida polos clientes de establecementos termais a través da análise das súas expectativas e percepcións

Year: 2004
Type: article
Abstract: A calidade é o que os clientes din que é, isto é, os clientes son os que teñen a última palabra sobre a calidade. Por iso, e aínda que existen numerosas definicións de calidade de servizo, a maioría delas céntranse en lograr as necesidades e os requirimentos dos consumidores e en coñecer ata que punto o servizo prestado alcanza as súas expectativas. Neste sentido, entendemos que o coñecemento tanto das percepcións como das expectativas dos clientes debe ser o punto de partida dunha investigación que pretenda a medición da calidade de servizo percibida. Por iso o presente traballo céntrase no estudo de ambos os dous elementos para o caso dos clientes de establecementos termais
Language: Galician
Subfield: Marketing
Open Access status: green
OpenAlex ID: W2122851236
FWCI: 0.93
Cites: 24
Cited by: 12
Related to: 10